Quen forma BioReDes

Integrada por 15 grupos de investigación de referencia científica pertencentes a tres centros de Lugo (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Facultade de Ciencias e Facultade de Veterinaria) así como ao Instituto de Acuicultura de Santiago de Compostela, BioReDes nútrese de case 200 investigadores/as..

Este colectivo científico integra capacidades ligadas ás disciplinas tradicionais asociadas aos diferentes sistemas de produción (benestar, sanidade, cría e reprodución animal, produción e sanidade vexetal, agroecoloxía ou tecnoloxías agroforestais), ata aquelas que incorporan tecnoloxías facilitadoras como a biotecnoloxía, as tecnoloxías ómicas, ou as tecnoloxías da información.

Ademais dos grupos de investigación que a integran, BioReDes tamén se nutre de centros e organismos ligados ao ámbito de produción e sanidade animal, así como produtos derivados; centros e organismos ligados ao ámbito agrario e forestal; centros relacionados coa acuicultura e subprodutos procedentes do mar; ademais de contar co apoio de numerosas e relevantes empresas, cooperativas, asociacións, denominacións de orixe e colexios profesionais cuxa actividade se enmarca no seu ámbito de actuación.

Grupos de investigación

  • ACUIGEN - Xenética para a acuicultura e a conservación de recursos (GI 1251)
  • AGRONOMÍA - Agronomía (GI 1649)
  • AQUABIOTEC - Acuicultura e Biotecnoloxía (GI 1209)
  • ASAVDNA - Analise sensorial, avaliación nutricional e desenrolo de novos alimentos (GI 2118)
  • BIOAPLIC - Biodiversidade e Botánica Aplicada (GI 1809)
  • BioMODEM - Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas (GI 1720)
  • Biosistemas (GI 1720)
  • CIGEO - Grupo Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (GI 2084)
  • CIRUXÍA EXPERIMENTAL - Cirurxía, radioloxía e ecografía experimental veterinaria (GI 1708)
  • CTLEITE - Produción, Calidade e Tecnoloxía do Leite e Outros Alimentos (GI 1948)
  • GAPAVET - Anatomía Patolóxica Veterinaria (GI 1707)
  • GIPA - Grupo de Investigación de Patoloxía na Acuicultura (GI 1213)
  • LHICA-USC - Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (GI 1628)
  • LREC - Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (GI 1222)
  • SILVOPAST - Sistemas Silvopastorais (GI 1648)
  • UXFS - Unidade de Xestión Forestal Sostible (GI 1837)

Membros da executiva de BioReDes

  • Paulino Martínez Portela. Director de BioReDes
  • Maribel Quiroga Berdeal. Coordinadora do Eixo 1. Produción e saúde animal sostible
  • Dolores Fernández Rodríguez. Coordinadora do Eixo 2. Produción vexetal e agricultura sostible
  • María Ángeles Romero. Coordinadora do Eixo 3. Alimentación segura e saudable
  • Roque Rodríguez Soalleiro. Coordinador do Eixo 4. Produción forestal sostible
  • Rosa Mosquera Losada. Coordinadora de Internacionalización

Estamos trabajando para completar la información. Disculpen las molestias.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información