A seguridade da carne depende tamén do tratamento do consumidor

A seguridade da carne depende tamén do tratamento do consumidor

A profesora Azucena Mora, membro do grupo  LREC e da Agrupación Estratéxica  BioReDes, dá unha serie de recomendacións nesta entrevista en Somos Agro para garantir a seguridade alimentaria dos produtos que manexamos no día a día e repasa os distintos aspectos que centran a súa investigación, como a procura de alternativas para reducir a resistencia dalgunhas bacterias aos antibióticos.

Leer máis

As análises xenómicas melloran as estratexias de xestión sostible da troita común na Península Ibérica

As análises xenómicas melloran as estratexias de xestión sostible da troita común na Península Ibérica

 

Adrián Casanova Chiclana, membro do Grupo ACUIGEN e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC,  BioReDes, defendeu na súa tese doutoral, dirixida por Paulino Martínez e Manel Vera, unha primeira aproximación xenómica á poboación de salmónidos co fin de avaliar a súa diversidade xenética, a súa estrutura poboacional ou os patróns de hibridación natural e intogresión procedente das soltas de piscifactorías.

Leer máis

A xenética e a xenómica contribúen á mellora produtiva das especies animais e vexetais

A xenética e a xenómica contribúen á mellora produtiva das especies animais e vexetais

Campus Terra e a Deputación Provincial de Lugo, en colaboración co Grupo  ACUIGEN, membro da Agrupación Estratéxica  BioReDes, actualmente en fase de transformación a Instituto de Investigación, organizan un ciclo de conferencias sobre o uso e aplicación de estudos xenéticos e xenómicos para a mellora produtiva animal e vexetal. As charlas terán lugar o día 1 de outubro na Facultade de Veterinaria e na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo e serán impartidas por Diego Robledo, (Roslin  Institute  and Royal School  of  Veterinary  Studies) e por Beatriz Orosa (School  of  Biological  Sciences), ámbolos dous pertencentes á Universidade de Edimburgo.

Leer máis

SILVOPAST impulsa a agroecoloxía en Europa

SILVOPAST impulsa a agroecoloxía en Europa

O grupo SILVOPAST, pertencente á Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC,  BioReDes, lidera en España o proxecto a favor da transición  agroecolóxica AE4EU, un programa coordinado polo Instituto Superior de Agricultura  Rhône-Alpes e financiado con dous millóns de euros de fondos europeos que contempla a creación dunha rede europea de laboratorios vivos  agroecolóxicos.

Leer máis

    Estamos trabajando para completar la información. Disculpen las molestias.

    En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

    Aceptar Máis información