Programa de proxectos de i+d+i BioReDes
O programa de actuación da Agrupación Estratéxica BioReDes inclúe a identificación e desenvolvemento de proxectos interdisciplinarios que desenvolvan a Axenda Científica, abordando os retos definidos na mesma.
Obxecto da convocatoria e contías
O obxecto da convocatoria é financiar dous tipos de proxectos:
- Proxectos interdisciplinarios, que terán unha dotación fixa de 13.000 euros por proxecto
- Proxectos emerxentes, cunha contía fixa de 6.000 euros por proxecto
Financiaranse 6 proxectos interdisciplinarios e 4 proxectos emerxentes.
Requisitos para optar ás axudas
A presentación de propostas de proxectos interdisciplinarios corresponderá exclusivamente a grupos de BioReDes.
Os investigadores non pertencentes a grupos de BioReDes poderán facer solicitudes unicamente na modalidade de proxectos emerxentes.
Prazo de presentación de solicitudes
11/02/2019 – 28/02/2019. O prazo para a presentación de candidaturas será dende o día 11 ata o 28 de febreiro de 2019 ás 14.00 horas.
Documentación y enlaces
...
Xestión da convocatoria
A xestión corresponderá á Executiva de BioReDes, por medio dunha comisión de xestión e avaliación formada polo coordinador de BioReDes e os seguintes investigadores:
- Dra. Dolores Fernández Rodríguez, área de Enxeñaría Agroforestal
- Dra. Marta Miranda Castañón, área de Ciencias Clínicas Veterinarias
- Dr. Roque Rodríguez Soalleiro, área de Produción Vexetal
- Dra. Ángeles Romero Rodríguez, área de Tecnoloxía dos Alimentos
Estado da convocatoria
Resolta
Preguntas frecuentes
Máis información
982 822423
Programa de mobilidade internacional BioReDes
O programa de actuación da Agrupación Estratéxica BioReDes pretende impulsar o posicionamento internacional dos grupos que forman parte dela a través de diversas actividades, entre as que figura o desenvolvemento dun programa de mobilidade internacional, un programa de investigadores/as visitantes no marco de colaboracións científicas e o posicionamento nas grandes iniciativas e plataformas europeas.
Para desenvolver estas actividades a Agrupación convocará as axudas que de seguido se indican en tres convocatorias semestrais a realizar en marzo-2019, octubre-2019 e abril-2020.
Obxecto da convocatoria e contías
O obxecto da convocatoria é financiar dous tipos de actividades:
- Modalidade A: Cofinanciación de estadías de investigadores/as da Agrupación en institucións internacionais de recoñecido prestixio identificadas como prioritarias para BioReDes e estadías de investigadores/as estranxeiros en grupos de investigación da Agrupación, no marco de colaboracións científicas. O orzamento para esta modalidade nesta primeira convocatoria é de 7.000 euros para o total das solicitudes aprobadas.
- Modalidade B: Cofinanciación de asistencias de investigadores/as da Agrupación a eventos europeos de presentación de iniciativas, así como a reunións presenciais para a preparación de proxectos ou redes temáticas. O orzamento para esta modalidade nesta primeira convocatoria é de 3.000 euros para o total das solicitudes aprobadas.
Nas dúas modalidades os fondos se repartirán en función da relevancia da proposta e o axuste os criterios de selección definidos na convocatoria.
Cofinanciaranse aquelas actividades que se desenvolvan entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2019.
Presentación das propostas
A presentación de solicitudes farase mediante correo electrónico dirixido a internacionalizacion.bioredes@usc.es, achegando como anexo en formato pdf o formulario indicado anteriormente.
O prazo para a presentación de propostas será dende o día 14 ata o 27 de marzo de 2019 ás 14:00 horas. A comisión de internacionalización encargada da xestión da convocatoria comprobará o cumprimento dos requisitos indicados ata o 31 de marzo (emenda de erros).
Prazo de presentación de solicitudes
14/03/2019 – 27/03/2019
Xestión da convocatoria
A xestión desta convocatoria de axudas corresponderá o Grupo de Traballo de Internacionalización con visto bo da Executiva de BioReDes, que constituirá a comisión de xestión e avaliación formada polos seguintes investigadores:
- Dra. Rosa Mosquera Losada, área de Produción Vexetal
- Dr. Santiago Pereira Lorenzo, área de Produción Vexetal
- Dr. Paulino Martínez Portela, área de Xenética
Estado da convocatoria
Resolta 1ª Fase
Preguntas frecuentes
Máis información
internacionalizacion.bioredes@usc.es
982 822423
Programa de contratos para a formación en investigación BioReDes
O programa de actuación da Agrupación Estratéxica BioReDes, inclúe dúas actuacións: (1) Programa de Iniciación á Investigación e (2) Promoción de Teses de Doutoramento da AE.
Para desenvolver estas dúas actuacións a Agrupación ten realizado unha convocatoria pública de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC que inclúe os seguintes contratos:
- 4 contratos de iniciación á investigación de 12, 50 h/semana, cun salario fixo mensual de 554,34 euros e unha duración de 6 meses a partir da resolución reitoral de selección. As funcións a realizar serán revisión bibliográficas, mostraxes e medidas e ensaios científicos nos laboratorios da Agrupación, con motivo de estabelecer un marco de iniciación á actividade investigadora.
- 2 contratos predoutorais de 27,50 h/semana, cun salario fixo mensual de 978,15 euros e unha duración de 16,5 meses a partir da resolución reitoral de selección. As funcións a realizar serán revisión bibliográficas, mostraxes e medidas e ensaios científicos, no marco da promoción de teses de doutoramento.
Preténdese que os contratos impliquen actividades colaborativas de varios grupos e inclúan actividades de investigación pertencentes a tódolos eixos da agrupación.
Enlace á convocatoria (páxinas 13-15)
Estado da convocatoria
Resolta 1ª fase